Podcast Feed Noticias

COPE.es

Martes, 09 febrero 2010

Actualizado a las 21:40h

Portada > Local > de la Costa > FOZ

MÁS NOTICIAS DE FOZ

LOS RESTOS ESTÁN SIENDO TRASLADADOS A FOZ

Mariñapatromonio denuncia el traslado supuestamente ilegal de materiales arqueológicos

Mariñapatrimonio denuncia ante la Dirección General de Patrimonio y ante el SEPRONA el traslado, presuntamente ilegal, de materiales arqueológicos mezclados con arena procedentes de la destrucción que "Promociones San Ciprián" provocó en diciembre de 2007 en el yacimiento arqueológico inventariado del castro de la Atalaia de San Ciprián.

comentar  |   reenviar   |   imprimir

Adrián Lois - 10-08-09

Castro de Atalaia en San Ciprián

Estes materiais que permanecían nunha finca fronte á gasolineira de Cervo están sendo trasladados ao polígono industrial de Foz, incumprindo o que determina a lei para a remoción de terras con restos arqueolóxicos.

ANTECEDENTES:

Entre os días 10 e 14 de decembro de 2007, Promociones San Ciprián, S.L. destruíu parte do perfil norte da finca afectada pola construción dun edificio de 42 vivendas, quebrantando a orde de paralización que pesaba dende o  4 de xuño de 2007.

Os materiais arqueolóxicos, mesturados con area do xacemento, procedentes desta destrución foron tirados nunha finca en fronte da gasolineira de Cervo. Foron 50 camións de restos, que posteriormente se taparon con terra doutro lugar. A pesar do intento de ocultar estes restos, ADEGA rescatou dous muíños así coma fragmentos de cerámica. Estes feitos foron denunciados por ADEGA o 16 de xaneiro de 2008.

FEITOS:

A  pesar de que estes feitos foron denunciados hai case dous anos e que a Dirección Xeral de Patrimonio coñecía a existencia deste depósito con materiais arqueolóxicos, non se fixo ningunha intervención nel nin se procedeu á súa protección. A Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, artigo 56.3, determina o control por un arqueólogo das remocións de terras que afecten ou poidan afectar un espazo onde se presuma a existencia de restos arqueolóxicos. Neste caso non se trata dunha presunción, senón que a aparición de dous muíños e de cerámica confirman a existencia de material arqueolóxico.Este traslado crea un novo xacemento arqueolóxico no Polígono industrial de Foz, falseando a historia e provocando, deste xeito, problemas no estudo da arqueoloxía na Mariña.

POLO EXPOSTO SOLICITA:

A inmediata paralización do traslado dos materiais retirados en decembro de 2007 do castro da Atalaia de San Cibrao.

A paralización das obras no Polígono de Foz, mentres non se comprobe se foron trasladados a este lugar materiais arqueolóxicos.

A realización dunha intervención arqueolóxica nestes restos co obxecto de recuperar os materiais arqueolóxicos procedentes do xacemento inventariado do castro da Atalaia.

¿Te Gusta?

* campos obligatorios

Normas de uso

 

Anuncios

PUBLICIDAD

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal