Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
ACUSAN A LOS POPULARES DE CÍNICOS E HIPÓCRITAS

El BNG de Barreiros considera que con el PP no hay “confianza ni futuro”

Los nacionalistas aseguran que el Concello camina cara un fuerte descenso de los ingresos agravado por la falta de dotaciones y equipamientos en las parroquias barreirenses.

comentar  |   imprimir
Gonzalo Alonso - 09-09-10

A asamblea local do BNG de Barreiros considera que o tempo demostrou que co PP no Concello non hai confianza nin futuro.Os nacionalistas lembran que “nas eleccións municipais de 2007 o PP de Barreiros nos seus panfletos anunciaba que confianza é futuro. Pasados xa mais de 3 anos a cidadanía comprobou que nin hai confianza nin se agarda un futuro esperanzador con este irresponsable goberno do Partido Popular. No seu folleto electoral do ano 2007 prometían entre outras cousas o inminente desenvolvemento do PXOM, a execución do proxecto dunha nova rede de abastecemento de auga para todo o concello (3,5 millóns de euros), unha depuradora de residuais en San Miguel (1,5 millóns de euros), o saneamento na zona sur e incluso se atrevían a prometer, como resumo das súas propostas e con moito valor e pouca vergoña despois de ter consentido os  desmáns urbanísticos que consentiron, o desenvolvemento dun medio natural sostible”.

 

Os responsables da asamblea local do BNG engaden que “na carta que o alcalde ten por costume enviarlles aos veciños para pedirlles o voto volvía incidir no mesmo e dando xa por acadados os investimentos precisos para as infraestructuras anunciadas no panfleto (decía textualmente acadamos importantes investimentos para o noso concello que en breve verás executado…). Lonxe de acadar eses investimentos, Barreiros camiña cara un brutal descenso de ingresos agravado pola ausencia total de dotacións e equipamentos para as diferentes parroquias que o Concello tiña que recibir e non recibíu nin esixiu dos beneficiarios da actividade promotora-urbanizadora”.

 

Desde o BNG sinalan que “a actividade do concello nestes anos consistíu únicamente nun frenético proceso de contratación de persoal, sen ningunha selección e cargando irresponsablemente as xa maltreitas arcas municipais que xa non teñen capacidade para ningún novo investimento, pois a partida de persoal lévase mais do 60% do orzamento, concretamente 1.740.000€, dun orzamento total aproximado de 3.500.000€”. Os nacionalistas puntualizan que “as contratacións obedecen na maioría dos casos única e exclusivamente a intereses electorais, dándose xa casos de contratacións xa non individuais, senón por grupos, sendo moi comentados entre o pobo a existencia de clans familiares na plantilla municipal”.

A asamblea local do BNG di que “como non podía ser doutro xeito dada a hipocresía e cinismo a que nos teñen acostumados desde as  filas populares, para rematar a misiva, Alfonso Fuente  botáballe as culpas (non se sabe moi ben de qué) ao BNG e ao daquela goberno bipartito da Xunta. Curiosamente 3 anos e medio despois e sen poñer ningunha solución factible enriba da mesa e cunha cantosa espantada diante do famoso convenio por parte das institucións nas que goberna o PP, este partido, incapaz de dar solucións e atrapado nas súas promesas electorais incumplidas, volve á mentira para desviar a atención, acusando novamente ao bipartito e utilizando para iso aos parlamentarios populares mariñáns, sempre fieis aos intereses do seu partido pero totalmente alleos aos intereses de Barreiros e da comarca”.

 

Para o BNG queda demostrado que “o desenvolvemento urbanístico sostible non pode levarse a cabo cun goberno do PP, que no caso de Barreiros é o responsable da desfeita. Desfeita que todos os grupos, agás o BNG, pretenden amañar con cartos públicos, con cartos de todos, con 14 millóns de euros do erario público, porque desde o concello foron incapaces de esixir os servizos, as  dotacións e os  equipamentos a quen había que esixirllos. Eses 14 millóns de todos e todas supóñenlle a cada barreirense 4300€ e co agravante de que os veciños da zona sur non van recibir ningún deses hipotéticos servizos  ainda que cos seus cartos se intente dar servizos aos que os tiñan que poñer e non o fixeron”.

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal