Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
PELIGRAN 34 PUESTOS DE TRABAJO

El PSOE de Cervo solicita al gobierno la celebración de un Pleno Extraordinario sobre el ERE de Sargadelos

Los socialistas apuestan por un Plan de Viabilidad que asegure todos los puestos de trabajo y advierten de que el ERE afectaría al 30% del personal, especialmente mujeres.

comentar  |   imprimir
Gonzalo Alonso - 07-09-10

 

 

 

O Grupo Municipal Socialista de Cervo vén de solicitar ó Concello a celebración dun Pleno Extraordinario co obxectivo de que a Corporación municipal solicite á Consellería de Traballo e Benestar o rexeitamento do ERE presentado pola empresa Sargadelos. Os socialistas de Cervo argumentan que “non se dan as condicións obxectivas que aduce a empresa para acceder ás súas pretensións”.

 

No escrito de solicitude do Pleno Extraordinario, presentado no rexistro onte, o Grupo Socialista propón que a Xunta de Galicia facilite “a cobertura das necesidades financeiras a curto e medio prazo, mediante avais ou axudas de capital, ó igual que se está facendo noutras empresas, para garantir o seu funcionamento normal”.

 

 

 

 

 

Plan de viabilidade

Os socialistas cervenses pretenden que o Pleno da Corporación municipal defenda un Plan de Viabilidade “negociado entre a propia Xunta de Galicia, a empresa e os representantes dos traballadores”, que asegure a continuidade da empresa Sargadelos. 

 

 

O Grupo Socialista fai fincapé na necesidade de manter a pervivencia do “proxecto industrial singular” de Sargadelos e, “sobre todo”, en que “se asegure a continuidade de todos os postos de traballo, sen modificacións traumáticas do cadro de persoal actual, debendo ser acordada calquera modificación”.

 

 

 

 

En xogo 34 postos de traballo

 

 

O pasado día 4 de agosto Sargadelos presentou ante a Consellería de Traballo e Benestar un expediente de regulación de emprego extintivo, solicitando ó Goberno galego a correspondente autorización para proceder ó despido de 34 traballadores e traballadoras do seu cadro de persoal. Segundo a empresa, este expediente está baseado en causas produtivas, económicas e organizativas.

 

O PSOE advirte de que, de consumarse estas pretensións, o ERE afectaría ó 30% do cadro de persoal da empresa, maioritariamente formado “por mulleres que levan toda a súa vida laboral dedicada a esta empresa”. Esgrime que esta posibilidade “agravaría o problema social que se produce na Mariña Luguesa, sobre todo cando a propia empresa recoñece que a compoñente base da produción e da acción da Fábrica de Cerámica de Sargadelos S.L. é xustamente a compoñente humana”.

 

 

Para o Grupo Municipal Socialista de Cervo, hai que ter en conta ademais “que estamos diante dun ERE que afecta a unha empresa singular, que aparte da compoñente industrial, ten unha vertente de identidade cultural da Mariña onde se radica, pero tamén da provincia e Lugo e do conxunto de Galicia no resto de España, e mesmo no estranxeiro”.

 

 

 

Para os socialistas, Sargadelos “foi e é un exemplo de saber combinar a actividade industrial artesanal e produtiva, coa identidade cultural, cos valores sociais e artísticos, creando unha marca de prestixio coa calidade e a orixinalidade coma referente, con deseños baseados en motivos relacionados coa tradición e coa cultura de Galicia”. 

 

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal