El edificio está adosado en su parte posterior a la nave de almacenamiento y tiene una altura de poco más de siete metros con cubierta plana, organizado en planta baja y primera planta.
Portos de Galicia ten previsto rematar a finais do vindeiro mes de outubro das obras de construción dun edificio de servizos portuarios no porto de Ribadeo, cuxo fin é o de dotar ás instalacións portuarias dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto. Esta actuación conta cun presuposto de 461.123,28 euros.
O edificio, de forma rectangular, vai situado no bordo marítimo, na área comercial da explanada portuaria, e disporá de todos os servizos urbanísticos con acceso rodado polo Oeste. Configurase como edificio adosado na súa parte posterior á nave de almacenamento e ten unha altura de pouco mais de sete metros con cuberta plana, organizado en dous niveis, planta baixa e planta primeira. Na parcela donde vai emprazado existía unha nave adosada na cara Sur do edificio que foi demolida.
O obxectivo desta actuación é a de dotar ao porto de Ribadeo de instalacións adecuadas e idóneas desde o punto de vista operativo para os gardapeiraos que desempeñan as súas labores nas instalacións portuarias.
Con este fin, inclúense no edificio oficinas de servizos portuarios, despachos e sala de reunións, servizos hixiénicos e vestiarios, ademais dun almacén-garaxe con acceso independente e conexión interior co resto do edificio. Así mesmo se dispón, cun funcionamento totalmente independente, o despacho e vestiario para uso do práctico do porto.