Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
DUDA DE LAS BASES DE CONTRATACIÓN

Basanta pide a Rivera que se pronuncie sobre la contratación del marido de una edil socialista

Una vez más los vecinos de Foz pueden repetir esa frase que suena por el municipio de que "el Ayuntamiento de Foz es la oficina de colocación del PSOE". Así lo denuncia el BNG focense, quien pide explicaciones al alcalde, el socialista José María García Rivera, sobre el posible caso de favoritismo en la contratación como trabajador del Ayuntamiento del marido de la concejal Rosa Alonso.

comentar  |   imprimir
Adrián Lois - 04-09-09

Ante a insistencia dos comentarios que circulan entre os veciños de Foz respecto dun posible caso de favoritismo na contratación como persoal laboral temporal do Concello de Foz do marido da Concelleira de Muller e Xuventude Rosa Alonso, o Bloque Nacionalista Galego solicita que por parte do Alcalde se expliquen os supostos nos que se deu este proceso selectivo de cara a clarificar a actuación do grupo de goberno e que non queden dúbidas de ningún tipo de comportamentos que  poidan chocar coa práctica ética que debe rexer calquera acción de goberno.

O Bloque Nacionalista Galego non dubida de que esta persoa estivera ben valorada polo tribunal cualificador atendendo ás bases de selección pero si dubidamos moito de que esas bases non estiveran feitas á medida, posto que, como xa ten denunciado o BNG en moitas ocasións, non é de recibo que o Concello de Foz siga sen contar a esta altura cunhas bases de selección de persoal que rexa todos os procesos de contratación, consensuada por todos os grupos e que permita o acceso en igualdade de condicións ao emprego público.

Está claro que ao alcalde e ao grupo de goberno non lles interesa nada a aprobación dunhas bases obxectivas porque actualmente no Concello de Foz a oferta de prazas e as bases para contratar ponas o alcalde e pode facelas á medida e adaptar a praza ofertada a certos perfís profesionais de persoas afíns. Tampouco lles interesa que as prazas que se oferten teñan unha xustificación técnica e valorada porque tamén ocorre no Concello de Foz que moitas das prazas que se sacan non son estrictamente necesarias ou non se adaptan finalmente para os fins e as funcións que foron ofertadas. Tanto é así que xa moitos veciños cualifican ao Concello de Foz como “a oficina de colocación do PSOE”, unha afirmación que se foi consolidando cada vez máis con este alcalde.  

Os nacionalistas consideramos que a militancia política dunha persoa ou a súa significación ideolóxica non pode ser nunca un impedimento para acceder a un emprego ben no sector público ben na empresa privada. Agora ben, tampouco a militancia ou a adhesión ideolóxica a un proxecto pode ser un instrumento que permita pasar por riba dos principios de mérito, capacidade e publicidade.

Tanto é así que o BNG criticara xa no seu momento o xeito no que se lle adxudicara o mantemento do alumeado público á empresa Saiju, da que é o principal accionista a persoa hoxe contratada polo Concello, por facerse sen publicidade pero non por iso e a pesar de manter unha relación fiscal en réxime de gananciais coa súa esposa a Concelleira Rosa Alonso criticou de xeito constante os múltiples contratos dos que se beneficiou do Concello de Foz. Isto non quita que desde o BNG consideremos que a relación contractual que o Concello de Foz mantén mesmo a día de hoxe con esta empresa é abusiva á vista do volume de facturación que mantén co mesmo.

Xa por último, desde o BNG voltamos a urxir ao Alcalde de Foz a que clarifique a forma no que se levou adiante o proceso selectivo, posto que o que está en xogo é a honorabilidade do Concello. Asemade demandamos do Alcalde que explique as funcións as que están vinculadas esta praza e se limitan en exclusiva ao disposto no contrato de relevo. Na mesma liña, e xa como remate, gustariamos que o Alcalde explicara se é compatíbel a existencia dunha relación contractual como persoal do Concello de Foz e ao mesmo tempo a existencia dunha relación contractual de caracter empresarial coa mesma institución.

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal