Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
COMO MUESTRA DEL COMPROMISO DE LA XUNTA

Raquel Arias recuerda que el Xacobeo organizó más de cuarenta actos en la Mariña

La delegada territorial de la Xunta destaca el esfuerzo realizado hasta el momento y anuncia casi una veintena de actos más en la comarca hasta finales de año.

comentar  |   imprimir
Gonzalo Alonso - 03-09-10

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, deu conta hoxe do medio cento de actos que o Xacobeo organizou na Mariña, en torno ao Camiño Norte, para conmemorar este Ano Santo. “Aínda queda moito por disfrutar –avanzou- ao longo dos próximos meses”.

 

A delegada explicou que a Xunta, a través do Xacobeo e da propia Delegación Territorial, programou máis de corenta actos propios, ademais de colaborar co patrocinio doutras actividades culturais nos concellos da Mariña. “Estas cifras son unha boa proba –asegurou- do compromiso da Xunta de Galicia coa zona norte, do seu apoio firme ás rutas xacobeas e,  en definitiva, do respaldo que ofrece o Goberno galego ao Camiño do Norte”.

 

Raquel Arias destacou o importante esforzo realizado “para que  todos os galegos e galegas se sentiran protagonistas do Xacobeo, e para incrementar, se cabe, os atractivos que as diferentes rutas xacobeas ofrecen a peregrinos e turistas”.

 

Ao respecto, subliñou a crecente popularidade que está a gañar o Camiño Norte, “que  durante xullo e agosto foi percorrido por 7.390 peregrinos, situándose entre as rutas preferidas dos camiñantes”.

 

Arias comunicou que, segundo datos da Oficina do Peregrino, durante o pasado mes de agosto 4.162 persoas peregrinaron a Santiago a través do Camiño Norte, o que representa unha importante porcentaxe dos preto de 55.000 que chegaron á capital galega neste mesmo período. 

 

A elo hai que engadir que en xullo máis de 3.000 peregrinos escolleron esta ruta, converténdoa na terceira en afluencia por detrás do Camiño francés e o Portugués. En concreto, no mes de xullo 29.343 peregrinos (69,27% ) cruzaron Lugo polo Camiño Francés, 3.228 camiñantes (7,62% ) elixiron o Camiño Norte, e 1.128 (2,66% ) o Camiño Primitivo.

 

 

Próximas actuacións

 

Raquel Arias compareceu en Barreiros acompañada polo xefe territorial de Cultura, Xosé Carlos Rodríguez Andina, para anunciar algúns dos preto de vinte actos que aínda terán lugar ata o fin de ano na Mariña lucense dentro da programación do Xacobeo.

 

Rodríguez Andina destacou a estreita colaboración mantida por parte do Xacobeo e da propia Delegación Territorial “cos concellos e coas asociacións, de xeito que foron eles os  que elixiron o que lles resultaba más interesante, dentro do abano de posibilidades que se ofrecían dende a Xunta de Galicia”.

 

Así, este mesmo luns ás 12 da noite actuará na Praza Cantón dos Moreno, en Ribadeo, o grupo The Cabriolets.

 

programa Portos Xacobeos propón para mañá, sábado, ás nove da noite, a actuación do  Cuarteto de Saxofóns da Coruña, no auditorio de Ribadeo. Pola súa banda, o Forte San Damián acolle, ao abeiro do mesmo programa, unha exposición sobre O Camiño Xacobeo do Norte que permanecerá aberta ata o día 10 e se complementará coa conferencia que, o luns ás 20.00 horas, ofrecerá na mesma sede Xan Ramón Fernández Pacios. 

 

Nas vindeiras semanas, o grupo Luar na Lubre actuará en Lourenzá, e o ciclo Xacobeo Classics achegará  a música clásica a Viveiro e Ribadeo.

 

Dentro do ciclo Espazos Sonoros, actuarán en Cervo ás agrupacións Giravago & Rondella Family Theatre, Murmel, Xigraresca, Oh! Trio e o Quinteto Nuestro Tiempo.

 

O mesmo ciclo propón a actuación de Andrés Cea Galán na Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, o día 16 de outubro, e a de Omega Brass Ensemble no Pazo de San Isidro de Mondoñedo, o 17 de setembro.

 

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal