La construcción de estas 30 viviendas comenzó en el año 2005 con una inversión de 2.144.157’81 euros.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregará aos seus adxudicatarios 24 vivendas de promoción pública construída en Ferreira do Valadouro o próximo 16 de setembro. Quedaron vacantes seis vivendas, que serán adxudicadas a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
A construción destas 30 vivendas no Valadouro iniciouse no mes de febreiro de 2005, investíndose nas mesmas 2.144.157,81 euros, o que conleva un investimento medio por vivenda de 71.471,93 euros.
A metade das vivendas (doce) adxudicouse en réxime de compravenda e as doce restantes en réxime de alugueiro, xa que a normativa vixente obriga a que se adxudiquen neste réxime as vivendas destinadas a solicitantes con ingresos que non superen 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).