Viernes, 20 noviembre 2009
Actualizado a las 23:34h
Portada > Local > de la Costa
La memoria económica del Plan no es realista
El BNG va a solicitar de los servicios de intervención del Ayuntamiento la elaboración de un informe económico sobre la viabilidad económica del Pan General con el fin de determinar si las previsiones de ingresos que en aparecen se corresponden con la capacidad recaudatoria del Ayuntamiento. El portavoz nacionalista Xoán Carlos González Basanta, afirmó “no es admisible cargar los costes del proceso a las arcas municipales o a los vecinos”
Basanta quixo lembrar que segundo se recolle na memoria económica do Plan e tamén no seu Informe de Substentabilidade Ambiental, actualmente en fase de exposición pública, a execución do mesmo significaría un investimento de 49.052.478,97 Euros dos que 22.630.821,89 euros se corresponden con aportacións de particulares e das arcas municipais e o restante con aportacións de outras administracións sen existir ningún compromiso de investimento por parte das mesmas.
O portavoz Nacionalista afirmou que “hai que ter en conta que dos 22.630.821,89 Euros corresponderíalle a aportación dos particulares 16.136.016,46 Euros, unha cantidade a todas luces excesiva se temos en conta que para traballos de urbanización en Solo Urbano non Consolidado e Solo de Núcleo Rural o Plan destine preto de 16.000.000 millóns de Euros. Isto é consecuencia que as promocións que se executaron nos últimos 20 anos e principalmente ao longo do ano 2006 non viñeron acompañados da asunción das cargas necesarias para poder levar adiante o proceso urbanizador”.
Xan Carlos G. Basanta afirmou que en “ningún caso é admisíbel cargarlle os custes deste proceso as arcas municipais ou ao conxunto dos veciños que por unha ou outras razóns estiveron á marxe e non puideron participar dos beneficios do desenvolvemento urbanístico”.
Asemade, o Portavoz do BNG, considerou que as cifras que se recollen tanto na ISA como na Memoria Económica do PXOM non son realistas posto que se está a falar de que os ingresos municipais van aumentar nun arredor dun 3,20% anual no periodo 2007-2014 fronte un aumento do gasto do 2,5% , ao que se sumaría unha inflación do 2,5% o que permitiría aumentar un crecemento anual acumulativo do Orzamento do 4,50% e xa que logo xerar un aforro neto no período neto 10.108,65 millóns de euros . “A propia realidade do exercicio do 2007 e 2008, e de xeito particular a liquidación anual e as liquidacións trimestrais destes exercicios, votan por terra as previsións que se recollen tanto no ISA como no PXOM, o que obriga necesariamente a modificar estas cantidades. Está claro que o Concello non pode facer fronte as obrigas que se fixan para el nestes documentos polo que é necesario revisar as cantidades fixadas.”,afirmou Basanta quen continuou dicindo “noutro caso sería bo que o grupo de goberno nos dixese de onde pensa sacar o diñeiro que lle toca aportar” .
Na mesma liña os nacionalistas, denunciamos que o grupo de goberno pretende agochar esta información aos veciños e está a operar en relación co ISA co mesmo ocultismo que mantiveron no proceso de aprobación inicial do PXOM e na súa fase de alegacións. “Neste sentido, non deixa de ser curioso que teña que ser o BNG quen está informando aos veciños sobre a ISA “ afirmou Basanta, quen anunciou que a mesma pode consultarse na paxina web do BNG de Foz (www.bng-galiza.org/foz) ou nas asembleas informativas que están a realizar polos diferentes núcleos do Concello. O Portavoz nacionalista que se mostrou moi satisfeito coa resposta dos veciños nas charlas celebradas ata agora lembrou que as próximas asembleas celebraranse o Martes 24 ás 20:30 en Cangas e Cordido e o Mércores 25 á mesma hora en Foz.
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal