Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
La política de Cao, “mentirosa y rastrera”

Rosa Alonso: “Si Cao no rectifica, nos veremos en los juzgados”

La concejala de Foz, Rosa Alonso, objeto de las críticas por parte de los grupos nacionalista y popular por la entrada de su marido a trabajar en el ayuntamiento, ha contestado a las declaraciones del popular Ángel Cao. Alonso califica la política de Cao de mentirosa y rastrera. Rosa Alonso recuerda que su marido trabajaba ya para el ayuntamiento focense desde 1991, mucho antes de que ella fuera elegida como concejala.

comentar  |   imprimir
R.B. - 08-09-09

Ao sr. Cao: califico a súa política de mentirosa e rastrera, tal e como nos tenacostumados. Sempre sembrando a dúbida, sen ningún tipo de probas que avalen as súasdeclaracións. Para min vale máis a honradez política neste Concello, que todas as portadas quese poden conseguir con este tipo de declaración.Lendo detidamente as súas declaracións, só poido dicir que minte descaradamente econ coñecemento, de principio a fin. O marido de Rosa Alonso traballaba para o Concello deFoz desde o ano 1991, moito antes de que súa muller fose concelleira elixida polos veciños eveciñas de Foz. Esto xa o repetín en varias ocasións, tantas veces como el o sacou aos mediosde comunicación. Parece que todo o mundo o sabe ou o entendeu, menos el. A xente xa serecochinea na rúa das portadas que ocupamos na prensa, co consabido “Outra vez!!!” A empresa de alumeados COMFICA, cando colleu o mantemento do alumeado públicodo Concello de Foz, mantivo entrevistas coas dúas empresas que levaran ese traballo.

Despois de non chegar a ningún acordo cunha delas, decidiuse pola contratación do marido daconcelleira. É unha empresa privada, polo que pode facer o que queira, só nos faltaría esixirllea quen ten que contratar. O marido de Rosa Alonso presentouse a unhas probas de selecciónde persoal públicas. Non era a primeira vez e da a casualidade que mentres tivemos maioríaabsoluta e voto na selección de persoal, nunca foi admitido.Nesta proba de selección non houbo representación política de ningún partido político,só falta que acuse aos técnicos do Concello de telos comprados, porque sería a guinda queadorna o pastel. As persoas admitidas para as probas estiveron publicadas na páxina web do Concello,como o resto das probas, e todo o mundo tivo oportunidade de coñecer os candidatos. Sinto vergonza tanto de un partido coma do outro que saquen á luz pública unhas declaraciónlanzando dúbidas sobre esta contratación e penso que son un fraude para os cidadáns quedepositaron a súa confianza neles nas eleccións municipais. Coñecendo que era o maridodunha concelleira, o que se presentaba, debían estar alí para coñecer de primeira man que sefacían as cousas legalmente.

É moi fácil que ao ser seleccionado el, saír á prensa acusando ao alcalde de enchufismo, que nin sequera estivo presente. As bases das prazas a cubrir están realizadas sempre pola nosa secretaria. Pregúntenllea ela se tan sequera coñece ao marido da concelleira.Respecto ao Sr. Basanta, teño que dicirlle que eu non son o comodín da chamada, quecando non ten de nada do que falar utiliza unha e outra vez as súas argucias, soltando a pedrae escondendo a man, encabezando os seus aburridos parlamentos co manido “os veciñospensan…” E eu pregúntome Sr. Basanta, con tanto tempo libre como ten vostede e semprereclamando legalidade e transparencia, como non foi vostede a esta e outras probas deselección para comprobar que todo se facía correctamente?

Tanto un como outro (Cao e Basanta) teñen neste Concello unha idea común: enganará cidadanía con mentiras e dúbidas. Espero que os seus votantes se den conta da oposiciónque vostedes están a facer neste concello, puramente destructiva.A oposición deste Concello apela sempre á ética, non ao traballo, cando fala da miñafamilia. Na miña casa a ética ensínase pero non se come e para iso temos que traballar. E nestecaso, el tiña o mesmo dereito que o resto das persoas de presentarse ás probas de selección.Acaso é un delito? Creo que non. Demostrou nelas que era o mellor preparado. Non por ser omarido de… senón por ser un bo profesional.

E agora retomo á nota do sr. Cao onde me acusa literalmente de ladroa. Calquerapersoa que lera na prensa as súas declaracións, sacaría a conclusión de que o sr. Alcalde e euroubamos cartos á cidadanía de Foz para ingresar nas nosas contas. Esto para min éimperdoable e quero que o Sr. Cao Rego rectifique inmediatamente as súas declaracións ou docontrario vereime na obriga moral de levalo ao xulgado. Pido a súa dimisión como concelleirodo PP por difamación.Sr. Cao, vostede sabe ben como funcionan os xulgados. Pero quero deixarlle claro que non vou deixar isto así, só ten unha alternativa, demostrar que o alcalde e eu roubamos, ourectificar as súas declaracións. Se no termo desta semana non rectifica e restitúe o meu honor,verémonos no xulgado. Todos os veciños de Foz teñen que saber a verdade.O traballo realizado durante 6 anos non se pode botar polo chan con calumnias depouco estilo e que só retratan a quen as fan. Síntoo sr. Cao non me vai a quitar as gañas deseguir traballando polo meu Concello. Xa llo dixen noutra ocasión e reitéroo, se intenta queme aburra e me vaia, non o vai a conseguir.Creo que fun bastante suave despois que escupiron tanto o sr. Cao como o sr. Basanta,demostrando ter moita máis educación que eles. Se estes son os dous “presuntos” candidatos á alcaldía de Foz, …

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal