Martes, 28 julio 2009
Actualizado a las 23:35h
Portada > Local > de la Costa > FOZ
EL RESULTADO PRESUPUESTARIO DE 2008 ES NEGATIVO
En el pleno de la corporación municipal focense que se celebrará este jueves, se llevará a cabo la aprobación de la Cuenta General del ejercicio 2008, a las cuales se ha referido el BNG de Foz. Estas cuentas generales muestran la gestión realizada por el gobierno local. Los nacionalistas se muestran preocupados por varios aspectos que indican que dicha gestión es mala y que deja mucho que desear.
Xoan Carlos González Basanta, portavoz nacionalista en Foz
A Conta Xeral é un acto esencial de fiscalización da contabilidade local pública por parte do Tribunal de Contas e do Consello de Contas de Galiza. A conta xeral pon de manifesto a xestión realizada polo goberno local nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario e é un instrumento básico que permite á Corporación e aos veciños coñecer que se fixo durante o exercicio orzamentario, a onde foron a parar os cartos públicos, o estado das contas e en definitiva é un mecanismo de control da xestión do grupo de goberno.
A valoración do BNG sobre a Conta Xeral do ano 2008 é preocupante en varios aspectos que indican que a xestión do goberno municipal deixa moito que desexar. Esto é o que se extrae do informe dos servizos de intervención do Concello que acompaña á Conta Xeral.
En primeiro lugar, o resultado orzamentario é negativo en -23.959 €. Esto xa se ven arrastrando dos últimos anos (2004: 380.874,48 €, 2005: 877.487,26 €, 2006: 4.436141,12 €, 2007: -437.336 €, 2008: 212.174 €) e pon de manifesto a escasa capacidade do Concello para xerar un remanente que permita ter a posibilidade de afrontar un maior gasto de inversión e de mellora de servizos.
No mesmo sentido o aforro neto no ano 2008 é un 0,83, é dicir, case non se aforra, o que limita ao Concello nas súas posibilidades de facer novos gastos de inversión con recursos propios ou a ampliación de novos servizos.
Así mesmo, o remanente de tesourería para gastos xerais é de 2.060.740,30 € pero hai que dicir que foi diminuíndo constantemente ano tras ano o que limita a capacidade do Concello para realizar gastos non previstos e para o financiamento de expedientes de crédito extraordinario ou suplementos de crédito, así como para a incorporación de remanentes de exercicios anteriores.
A esto habería que engadir o importe dos dereitos pendentes de cobrar de exercicios pechados que son de 2.201.274,39 € e que xa dificilmente se cobrarán porque o procedemento administrativo de recadación en vía de contrinximento non se leva ata as súas fases finais, como esixe a lexislación tributaria e que debería rematar cos correspondentes embargos se fose preciso. Está claro que ao grupo de goberno non é o suficientemente dilixente para cobrar ás débedas de máis de 2 millóns de euros e dálle a razón ao BNG cando criticaba que os orzamentos destes anos estaban inchados ao incluír como ingresos ditas débedas que nunca se cobraran e que acabaran prescribindo.
De todos estes datos pódemos afirmar que a xestión do goberno municipal foi mala e que a consecuencia desta mala xestión o concello estase quedando sen recursos para mellorar, manter ou crear novos servizos así como para facer as inversións que se necesitan. A raíz disto, o Concello non é capaz de xerar aforro debendo consumir o remanente conseguido en anos anteriores. Esto estaría xustificado se dito gasto estivera centrado en inversións públicas, en crear máis servizos ou en mellorar a calidade de vida dos veciños. Pero esto non é así, e existen gastos que supoñen un despilfarro pola falta de control sobre os mesmos, en moitos casos pola falta de dirección e de coordinación dentro do grupo de goberno.
Observando os datos da Conta Xeral podemos sacar a conclusión –que todo o mundo xa sabe- de que as arcas municipais con este goberno sobreviven exclusivamente das rendas que deixaron as licenzas do ano 2005 e 2006, froito do descontrol no outorgamento de licenzas urbanísticas, pero que se seguimos coas mesmas políticas acabarase por endebedar cada vez máis ao Concello.
Para o BNG é necesario un cambio radical das políticas de xestión, deixando de dilapidar os fondos públicos progresivamente, gastando onde verdadeiramente se necesite (gasto público e de servizos sociais) e tomando medidas de control dos gastos que redunden nun maior aforro.
PUBLICIDAD
PORTADA | ESPAÑA | MUNDO | ECONOMÍA | SOCIEDAD | RELIGIÓN | CULTURA | FAMILIA | DEPORTES | TOROS | TECNOLOGÍA | HUMOR | PARTICIPA
TU CIUDAD:
A Coruña | Alicante | Asturias | Ávila | Badajoz | Barcelona | Burgos | Cáceres | Cádiz | Cantabria | Cartagena | Castellón | Ciudad Real | Córdoba | de la Costa | Ferrol | Granada | Guadalajara | Huelva | Huesca | Jerez | La Rioja | Las Palmas | León | Lleida | Lugo | Madrid | Málaga | Mérida | Miranda | Murcia | Ourense | Palencia | Pamplona | Pontevedra | Santiago | Sevilla | Soria | Tarragona | Tenerife | Toledo | Valencia | Valladolid | Vigo | Villalba | Vinaros | Zaragoza
Audios | Videos | Opinión | Blogs | Hemeroteca | Servicios | Móviles | Newsletter | Programas
Institucional COPE | Ideario | Programación | Publicidad | Máster COPE | Comunicación | Documentación | Premios |Hoteles Valencia | Contacta
Cadena 100 | Rock&Gol | Popular TV | Agrocope | Elitegamer
© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal