Hemeroteca Jueves, 23 de julio de 2009 Ir a edicin de hoy
Podcast Feed Noticias

COPE.es

Jueves, 23 julio 2009

Actualizado a las 23:27h

Portada > Local > de la Costa > FOZ

MÁS NOTICIAS DE FOZ

POR INSEGURIDAD PARA LOS TRABAJADORES

El BNG de Foz presenta una moción para cambiar el sistema de recogida de basura

El BNG de Foz presentará una moción para cambiar el sistema de recogida de basuras por falta de seguridad para los trabajadores. El portavoz nacionalista focense, Xoan Carlos González Basanta, afirma que el actual sistema implantado en Foz no cumple con la Ley de Prevención de Riesgos Laborales.

Adrián Lois - 23-07-09

Colectores urbanos en Foz

Sen entrar a valorar a eficiencia do sistema en canto á rendabilidade económica ou á súa hixiene, o actual sistema de recollida de lixo implantado no Concello de Foz polo Grupo de Goberno non cumpre, desde o punto de vista preventivo, coa Lei de Prevención de Riscos Laborais nin co Real Decreto 487/1997 de 14 de abril, en canto que a primeira medida que debe tratar de implantar o empresario -neste caso, o Concello de Foz- é evitar a manipulación manual das cargas, mediante a automatización dos procesos ou o uso de axudas mecánicas. É evidente que este sistema podería ser cambiado por outro que contemplase a automatización dos procesos ou o emprego de equipos mecánicos.


Tampouco cumpre o Concello coas prescripción do RD en canto as disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores. A modo de indicación xeral, o peso máximo que se recomenda non exceder (en condicións ideais de manipulación) é de 25 kg. Así mesmo, se a poboación exposta son mulleres, traballadores novos ou maiores, ou se se quere protexer á maioría da poboación, non se deberían manexar cargas superiores a 15 kg. En ocasións e cos contenedores cheos o peso que deben cargar os traballadores sobrepasan os 25 kg. e poden chegar aos 50 kg. En moitas ocasións é só un operario o que realiza todas as funcións do servizo, conducindo, repartindo e recollendo os cubos da barredura.


Pero quizais o risco máis evidente e máis grave que conleva este sistema -tanto na repartición dos cubos como no servizo de recollida- ven dado por realizarse todo manualmente e subidos a unha plataforma remolcada por un vehículo sen as mínimas medidas de seguridade. En caso de freada brusca do camión ou de choque, as consecuencias para os traballadores subidos ao remolque -sen ningunha medida de

seguridade- poderían ser moi graves e incluso mortais.

Tampouco o sistema cumpre as especificacións en canto a equipos de traballo e as pezas de seguridade correspondentes que prevesen ou paliasen as consecuencias no caso de accidentes de traballo. Así mesmo o actual sistema non cumpre coas normas establecidas no Código de Circulación en canto ao transporte de mercancías ou cousas nin por suposto coas medidas de seguridade respecto aos

traballadores/as que van situados no remolque.

Por todos estes motivos o BNG presenta unha moción para aprobar en pleno no que insta ao Grupo de Goberno a cambiar o sistema de recollida de lixo actual por outro sistema máis automatizado no tempo máis curto posible e sen que exceda do mes desde a aprobación do acordo e así mesmo que o Concello de Foz cumpra e faga cumprir a lei en canto a prevención de riscos laborais con respecto aos seus traballadores/as así como todas as medidas necesarias para preservar a súa seguridade e hixiene.

Para o BNG é imprescindible que as administracións públicas dean exemplo en canto a cumprimento da lei e máis neste caso porque se pon en risco a saúde e a vida das persoas que traballan na recollida de lixo.

Compartir:

Votar

 

Anuncios

PUBLICIDAD

PORTADA | ESPAÑA | MUNDO | ECONOMÍA | SOCIEDAD | RELIGIÓN | CULTURA | FAMILIA | DEPORTES | TOROS | TECNOLOGÍA | HUMOR | PARTICIPA


TU CIUDAD:


Audios | Videos | Opinión | Blogs | Hemeroteca | Servicios | Móviles | Newsletter | Programas


Institucional COPE | Ideario | Programación | Publicidad | Máster COPE | Comunicación | Documentación | Premios |Hoteles Valencia | Contacta


Cadena 100 | Rock&Gol | Popular TV | Agrocope | Elitegamer

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal