• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Foz |

La Xunta destinará 750.000 euros a la remodelación y humanización de la Avenida de A Mariña

La conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, avanzó al alcalde, Javier Castiñeira, este compromiso del Gobierno gallego; en el transcurso de una entrevista donde el regidor focense entregó el proyecto de la obra. Este vial es una de las arterias principales del casco urbano focense, por lo tanto la actuación garantizará una reordenación del tráfico y la mejora de los sistemas de abastecimiento y saneamiento. Según  Mato, ser trata de un proyecto integrado dentro del Plan HURBE, que sirve para dar respuesta a las necesidades de humanización de las villas de Galicia

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17 mar 2017

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, levará a cabo unha actuación de remodelación e humanización da Avenida da Mariña, no Concello de Foz.   A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, adiantou esta compromiso do Goberno galego ao alcalde, Jorge Javier Castiñeira, co que mantivo unha reunión esta mañá en Santiago. Mato Otero comprometeuse a colaborar na remodelación integral e reordenación do tráfico deste vial, unha das arterias principais do concello, para mellorar o aspecto que presenta na actualidade, así como as redes e sistemas de abastecemento e saneamento.   A responsable de Urbanismo do Goberno galego indicoulle ao rexedor que agora se preparará o convenio de colaboración, que é preciso asinar entre ambas administracións, que permitirá a licitación das obras. O orzamento previsto para esta actuación ascende a 750.000 euros.   A conselleira de Medio Ambiente sinalou que esta actuación que se pretende levar a cabo en Foz inscríbese no Plan HURBE e que é posible grazas o orzamento de cinco novos millóns de euros que manexará o seu departamento, grazas a inxección que recibirá a Comunidade galega polo cumprimento do déficit.   Plan Hurbe O Plan HURBE é un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.   Segundo o Plan de investimentos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería destinará este ano máis de seis millóns de euros a este Plan, aos que se sumarán cinco novos millóns de euros, é dicir, 11 millóns de euros. O orzamento destinarase, principalmente, á humanización de rúas e á urbanización e mellora de espazos públicos.   Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar