Podcast Feed Noticias

COPE.es

Martes, 09 febrero 2010

Actualizado a las 17:45h

Portada > Local > de la Costa > FOZ

MÁS NOTICIAS DE FOZ

La basílica de San Martiño, monumento nacional

El BNG pregunta en el Congreso por el impacto de la autovía en San Martiño

El BNG de Foz preguntará en el Congreso por el impacto negativo que causará el paso de la autovía Barreiros- San Ciprián por la parroquia de San Martiño, y cómo afectara a su basílica. Esta basílica es monumento nacional desde 1930.

comentar  |   reenviar   |   imprimir

R.B. - 21-09-09

Basílica de San Martiño, Foz.

A Catedral de San Martiño de Mondoñedo, orixinaria sé episcopal da actual diocese Mondoñedo-Ferrol, representa unha peza singular do Románico Galego con diferentes fases construtivas que a historiografía coincide en sinalar entre o VII e o XII.

O templo mindoniense, Monumento Nacional desde 1930, forma parte dun conxunto formado no seu momento por un Hospital de Peregrinos, desaparecido fai dúas décadas, un mosteiro do Século XIV, hoxe convertido en corte e vivenda, unhas pinturas murais do século XII con motivos do Códice Calixtino descubertas vai para un ano e únicas no contexto do románico no Estado Español así como  un Casa Reitoral recentemente rehabilitada que vai acoller un centro de interpretación do románico.

O propio Ministerio de Fomento acometeu a cargo das dúas últimas anualidades orzamentarias, a través do 1% cultural, traballos de mellora na propia Igrexa na perspectiva da súa posta en valor así como no seu potenciamento turístico. Neste sentido débese ter en conta que o conxunto de San Martiño de Mondoñedo acolle ao ano a visita de máis de 45.000 persoas sendo un dos principais reclamos turísticos do Concello de Foz e do conxunto da Mariña de Lugo. Neste sentido non deixa de resultar chocante que o Estudo Informativo da Autovía Barreiros - San Cibrao suxire un trazado para o mesmo  colindante coa área de protección do BIC deste conxunto histórico artístico, trazado que provoca un grande impacto visual, e que mesmo recolle a pouco máis de 100 metros da Catedral un viaduto que se levanta 40 metros por encima do mesmo. Xa que logo así se explica que diferentes colectivos sociais,políticos  e culturais así como diferentes administracións teñen presentado alegacións a fin de modificar o trazado da Autovía Barreiros - San Cibrao ao seu paso pola referida parroquia. 

Ten valorado o Ministerio de Fomento, ou algún dos organismos del dependentes, as alegacións presentadas polos diferentes colectivos ao trazado da Autovía Barreiros - San Cibrao ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Mondoñedo? É coñecedor o Ministerio de Fomento do impacto que o actual trazado pode ter na conservación e na posta en valor deste conxunto único do románico peninsular?  No caso de que o Ministerio de Fomento teña feito algún estudo ao respecto que consideración ten sobre o impacto que esta obra vai ter sobre o conxunto histórico - artístico de San Martiño de Mondoñedo particularmente e sobre a parroquia en xeral? Ten previsto o Ministerio de Fomento modificar o trazado da Autovía Barreiros - San Cibrao a fin de evitar a desfeita que o mesmo provoca en San Martiño de Mondoñedo?

Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que lle demanda ao Ministerio de Fomento a modificación da proposta de trazado da autovía Barreiros-San Cibrao a fin de evitar o tremendo impacto sobre a catedral de San Martiño de Mondoñedo.   Ademáis, o parlamentar nacionalista quer saber se o Ministerio vai ter en conta as alegacións presentadas por diferentes colectivos e administracións á proposta de trazado da autovía ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Mondoñedo.  

Unha proposta que é colindante coa área deste conxunto artístico único do románico   Jorquera critica a proposta porque “é colindante coa área de protección BIC deste conxunto histórico artístico, un trazado que provocaría un grande impacto visual e que inclúe, a uns 100 metros da catedral, un viaducto que se erguería 40 metros por riba”.   Neste sentido, o deputado do BNG pón de manifesto a importanza e o valor arquitectónico desta xoia do románico. “O templo mindoniense que é Monumento Nacional desde o 1930, forma parte dun conxunto único no románico do Estado español”. O Ministerio debe ter presente que este monumento é visitado por máis de 45.000 persoas ao ano, e se trata dun dos principais reclamos turísticos da Mariña de Lugo.   

Por último, o deputado nacionalista pregunta a Fomento “a que se debe esta proposta”.  

¿Te Gusta?

* campos obligatorios

Normas de uso

 

Anuncios

PUBLICIDAD

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal