Martes, 09 febrero 2010
Actualizado a las 19:04h
Portada > Local > de la Costa > FOZ
“Alcalde de pandeireta e acordón”
El Portavoz del Partido Popular en Foz, Ángel Cao, afirma que ha sido el BNG el que le ha negado el servicio de la Galescola a Foz, ya que, durante los cuatro años del gobierno bipartito PSOE-BNG no han sido capaces de dotarla de los medios necesarios. Por su parte, el portavoz de los nacionalistas, Xan Carlos González Basanta, ha presentado una iniciativa en el Parlamento Gallego para instar al Gobierno a clarificar las fechas que se manejan para la apertura de la Galescola de Foz.
Ante as declaracións do BNG de Foz, onde pide explicacións e onde di que o Partido Popular priva de servicios públicos o nosos concello, temos que dicir que aínda que agora a responsabilidade de gobernar e de abrir a escola infantil de Foz, é do Partido Popular, o que lle negou o servicio da galescola a Foz non foi outro que o BNG e a pasividade do BNG de Foz.
Catro anos tivo o goberno bipartito PSOE-BNG pa poñer a galescola de Foz a funcionar, e non foron capaces nin de dotala dos medios necesarios coma fixeron noutros concellos, que xestións fixo o Sr. Basanta para acelerar a posta en marcha da galescola, NINGUNHA. Quizás o seo enfado sexa por que non puideron facer a política de colocación que viña facendo o BNG, unha política clientelar e caciquil, colocando os seos amigos, e agora intentan xustificarse. O BNG e o PSOE non están lexitimados pa pedir celeridade neste tema, pois durante catro anos estiveron tanto en Foz nos distintos plenos, coma na Xunta, culpándose uns a outros e sen facer nada. As ameazas do alcalde o único que demostran, é a súa incompetencia para gobernar, e a súa ignorancia neste tema, facendo realidade aquel cualificativo que lle facían nun xornal de ser un “alcalde de pandeireta e acordeón” ( moita festa e ruído, pero pouca xestión).
Si o que quere o BNG e a postura do Partido Popular de Foz, a ten, e non será outra, que poñer a funcionar un servicio necesario como é a escola infantil con todos os medios necesarios, e que ante a incompetencia do equipo de goberno a xestionar nada, e a mala fe do BNG focense, por non facer as xestións necesarias cando gobernaban na Xunta, o Partido Popular de Foz traballará en prol da apertura da escola infantil.
Os veciños de Foz demostraron nas ultimas eleccións quen os trata como veciños de segunda, e non son outros que o PSOE-BNG, catro anos de promesas e de ningún feito.
Cero vivendas sociais (responsabilidade do BNG)
Cero residencia da terceira idade (responsabilidade do BNG)
Cero na posta en funcionamento de galescola (responsabilidade do BNG)
Cero no Auditorio (responsabilidade do PSOE)
Cero nas reforma do porto de Foz (responsabilidade do PSOE)
Cero nas reformas do porto deportivo (responsabilidade do PSOE)
Agora tanto o PSOE como o BNG nos falan de compromisos do Goberno anterior con Foz, compromisos de bar que non se culminaron ningún, a obriga de quen goberna e de plasmar os compromisos en feitos e deixalos comprometidos nos presupostos, pero os galegos e os focenses sabemos que como mercaderes e vendedores de fume o BNG e o PSOE son expertos. O partido Popular de Foz loitará por que se cumpran os compromisos que se fixeron con Foz aínda que non gobernemos no concello, pois o noso compromiso e con Foz, e estamos seguros que o novo Goberno Galego cumprirá co a palabra dada aos focenses.
Por outra parte, o Bloque Nacionalista Galego ven de apresentar no día de hoxe unha iniciativa no Parlamento Galego a fin de que o mesmo inste ao Goberno a clarificar as datas que o mesmo manexa para apertura da Escola Infantil de Foz e as causas que motivaron que o centro focego non se procedese a abrir neste exercicio.
A tal fin a iniciativa nacionalista pretende que o Goberno da Xunta confirme en sé parlamentaria a data que manexa para apertura do centro de Foz, dadas as contradiccións manifestadas entre as datas manexadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e o Xerente de Consorcio. Así mentres a Consellaría de Traballo e Benestar nun comunicado de prensa referido ao centro de Foz falaba do primeiro trimestre de 2010 para apertura da Escola Infantil de Foz, o Xerente do Consorcio Galego de Benestar na relación de centros para nenos e nenas entre 0 e 3 anos abrir en 2010 que recollían diferentes medios de comunicación o pasado sábado non facía referencia a Escola Infantil de Foz.
Asemade os nacionalistas consideramos imprescindible que a Xunta de Galiza informe por escrito de xeito oficial da data de apertura da escola infantil, posto que a día de hoxe non existe ningunha comunicación dese tipo. Non queremos pensar desde o BNG que esta ausencia de comunicacións oficiais agoche realmente que a intención da Xunta e que permaneza fechado o centro de Foz ao longo de todo os 2010.
¿Te Gusta?
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal