Lunes, 22 marzo 2010
Actualizado a las 09:56h
Portada > Local > de la Costa
Permanecerá así hasta el 12 de Octubre
La concejal de Educación de Burela, Lucía Bouza, ha anunciado el cierre temporal de la Escuela de Música Municipal de Burela para proceder a la selección del profesorado. Bouza espera que se retomen las clases el 15 de octubre y pide comprensión con esa medida, que solo persigue la mejora en el funcionamiento de la escuela.
A Delegación de Educación do Concello de Burela, comunica que a partir do próximo xoves, 1 de outubro, quedarán temporalmente suspendidas as clases na Escola de Música Municipal de Burela. Segundo Lucía Bouza “o centro permanecerá pechado durante o tempo que dure o procedemento de selección do profesorado, e despois informaremos debidamente da data de reapertura da escola, aínda que xa podemos adiantar que, probablemente, as clases retomaránse por volta do día 15 de outubro”.
A edil socialista explica que “o motivo deste peche temporal é que o Concello de Burela, cumprindo coa lexislación actual na materia, convocará unhas probas para a selección do profesorado da escola diante da imposibilidade de dar unha solución alternativa á contratación do profesorado que actualmente presta os seus servizos na Escola de Música”. Bouza engade que “de calquera xeito, os usuarios da escola non se deberán ver afectados por estas medidas, pois a convocatoria de emprego irá en función da oferta educativa actual do centro, téndose en conta as especialidades instrumentais e as materias impartidas. É dicir, esta convocatoria procura unha mellora na ensinanza musical no noso concello, pois contempla unha redistribución horaria da escola que permita atender dunha forma axeitada a todo o alumnado”.
A concelleira de Educación agarda que “se comprenda que as medidas adoptadas buscan a mellora no funcionamento da Escola, pois esa ven sendo a nosa política desde que xestionamos o servizo”.
¿Te Gusta?
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal