Podcast Feed Noticias

COPE.es

Martes, 09 febrero 2010

Actualizado a las 19:25h

Portada > Local > de la Costa

MÁS NOTICIAS DE DE LA COSTA

La Directora General de Asistencia Sanitaria ha ofrecido datos interesantes

Sanidad confirma el olvido del bipartito con la sanidad mariñana

Nieves Domínguez, en su comparecencia en la Comisión de Sanidad, dijo que el plan funcional del Hospital aludido por el bipartido, es papel y presentaciones vacias de contenido. No han previsto partidas presupuestarias para el 2009, por lo tanto el compromiso de Socialistas y Nacionalistas ha sido de cero euros para la Mariña. La herencia que han recibido no es otra que 1.500 pacientes en la lista de espera oculta. Domínguez ha finalizado anunciando que todo lo que puedan hacer en el Hospital de Burela no está lejos, el compromiso del Gobierno Autonómico es acercar las prestacions sanitarias a los pacientes; mejorando los tiempos de respuesta.

comentar  |   reenviar   |   imprimir

Redacción - 02-10-09

Hospital da Costa de Burela

+ videosVIDEOS

Nieves Domínguez. Directora General de Atención Sanitaria de la Xunta habla de sanidad en la Mariña de Lugo

Máis de 1.500 persoas  engrosan a listas de espera encuberta do Hospital da Costa. Así o confirmou no día de hoxe no seo da Comisión 5ª do Parlamento de Galicia Nieves Domínguez González, directora de Asistencia Sanitaria da Xunta en resposta a unha iniciativa do deputado socialista Isamel Rego.

A alto cargo da Consellería de Sanidade confirmou as sospeitas do Partido Popular e puxo de relevo que a herdanza do bipartito son máis 1.500 pacientes cuxas citas non estaban rexistradas e, polo tanto, que permanecían invisibles ás estatísticas oficiais.

Nos vindeiros días farase pública a auditoría dando conta destes estremos. Este non foi o único dato ofrecido pola representante de Sanidade con ocasión da súa comparecencia no Parlamento xa que tamén explicou que o Plan Funcional do Hospital da Costa que o bipartito elaborou no último trimestre do 2008 eran simples “papei se presentacións baleiras de contido” Xa que logo  “Non se preveu ningunha partida orzamentaria para desenvolver esta plan nos orzamentos do ano 2009. Polo tanto todo o compromiso orzamentario do bipartito cos cidadáns da Mariña lucense foi de cero euros”.

 Finalmente e ante a insistencia do deputado socialista, pese a non ser obxecto de pregunta na súa iniciativa, para que clarexara as intencións do novo Goberno de Galicia respecto da estruturación do mapa sanitario na comarca, a directora xeral confirmou que a Xunta traballa para que “todo o que poidamos facer  no Hospital da Burela non o levaremos lonxe, e todo o que podamos facer nos centros de saúde como o de Burela non o levemos ao Hospital para evitar saturalo. O noso compromiso é acercala prestación sanitaria aos pacientes. Non levala lonxe.

Queremos mellorar os tempos de  resposta e satisfacer as necesidades de atención e saúde das xentes” Tamén subliñouse no seo da Cámara galega  os esforzos que o novo Executivo autonómico está a efectuar no Hospital coa habilitación de consultas de alta resolución en horario extraordinario (tardes) para a especialidade de cardioloxía, pola elevada saturación que presentaba este servizo, así como tamén os investimentos por importe superior a un millón de euros que servirán para a reforma da área de obstetricia e os paritorios e para a substitución da cuberta do Hospital danada con ocasións dos temporais do pasado inverno, e non reparada convenientemente no seu día. En opinión do PPdeG grazas a esta comparecencia confirmouse o esquecemento do Goberno bipartito con respecto á sanidade comarcal.

¿Te Gusta?

* campos obligatorios

Normas de uso

 

Anuncios

PUBLICIDAD

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal