Podcast Feed Noticias

COPE.es

Martes, 09 febrero 2010

Actualizado a las 21:48h

Portada > Local > de la Costa

MÁS NOTICIAS DE DE LA COSTA

Hipocresía y cinismo de PSOE y BNG con respecto al Hospital

El informe de Sanidad incluso planteaba el cierre de algún PAC mariñano y la no ampliación del Hospital

El PSOE-BNG en la Xunta de Galicia preveía la integración del Hospital da Costa en el área sanitaria de Ferrol, tal y como lo demuestra un informe elaborado por la Consellería de Sanidad en Octubre de 2008, cuando este departamento autonómico estaba dirigido por la socialista María José Rubio. Según el PPdeG esto demuestra la hipocresía y el cinismo político con que actúan los socialistas y nacionalistas que cuando estaban en el Gobierno habían previsto la centralización en Ferrol de la gestión del Hospital da Costa y ahora, en la oposición, defienden todo lo contrario.

comentar  |   reenviar   |   imprimir

Redacción - 01-10-09

José Manuel Balseiro, diputado popular.

O documento, ao que tivo acceso o Partido Popular de Galicia, establece as liñas básicas para a  reorganización do sistema de saúde na nosa comunidade segundo as previsións do Goberno bipartito. De feito configura un novo mapa sanitario no que pasaría a crearse unha nova área sanitaria global denominada “de Ferrol” que abarcaría o norte das provincias de Lugo e A Coruña e as actuais zonas de influencia do Hospital da Costa e do complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Novoa Santos.“Queda probado o dobre discurso do PSOE e do BNG que deberan dar explicacións, moitas explicacións aos veciños desta coamarca, sobre este intento de centralización sanitaria en Ferrol que podería terse consumado senón fora pola derrota do bipartito” -explicou Balseiro- Ao mesmo tempo  e en contraste con esta intención o PP subliñou “a diferenza  deles nós garantimos a continuidade da área sanitaria da Mariña e, o que aínda é máis importante, que o Hospital da Costa manterá a súa independencia e ofrecerá máis especialidades dentro da súa carteira de servizos” O QUE AGOCHABA O BIPARTITO Os cambios propostos pola Consellería de Sanidade do bipartito afectaría tanto á atención especializada e urxente como á atención primaria. Ademais incluiría no ámbito de influencia do Hospital da Costa á poboación de dous novos concellos o de  Mañón e o de Muras cuxos veciños pasarían a ser usuarios dos centros médicos de atención urxente (PAC) e  do propio Hospital  da Costa sumando un máis persoas a un sistema sanitario xa de por si colapsado.Analizando polo  miúdo a proposta a distancia de desprazamento desde Burela ata o hospital de Ferrol supera os 113 quilómetros. Máis aínda se partimos desde Ribadeo onde a distancia superaría os 131 quilómetros e preto de dúas horas de viaxe. A xestión centralizada da nosa sanidade desde Ferrol, implicaría tamén que esta sería a cidade  de  referencia tanto para a xestión do persoal como para o establecemento das liñas prioritarias de gasto e presupostos. Lembrando o discurso que agora manteñen   socialistas e nacionalistas, de levarse a cabo a proposta do anterior  Goberno bipartito ao que pertencían, en vez de achegarse servizos se estarían a levar máis lonxe, afastando o centro de decisión do noso Hospital e dos distintos centros de  atención primaria.

¿Te Gusta?

* campos obligatorios

Normas de uso

 

Anuncios

PUBLICIDAD

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal